Aquí vos presentamos ás persoas encargadas de revisar ben os filmes das sesións a concurso para outorgar os premios “Axóuxeres” e “Buxainas”  ás que consideren que son as mellores curtametraxe

s do festival

O XURADO

A directora Sandra Sánchez: Ten unha traxectoria extensa como directora, montadora, e guionista. Tras dirixir varios documentais e series para televisión, en 2011 estrea Tralas luces, un proxecto moi persoal no que traballa durante catro anos, e que foi estreado na sección de novos directores do Festival de San Sebastián. Posteriormente continúa traballando como montadora en diversas producións, entre as que destacan películas como Rafael, Migas de pan ou Esquece Monelos. Tamén dirixe as curtametraxes Matías(2016), e A Nena Azul (2018), filme este último que está iniciando o seu percorrido en festivais.

A guionista Sara Gómez Iglesias: Licenciada en Comunicación Audiovisual. Máster en Produción e Xestión de Proxectos Audivisuais. Guionista. Nai en prácticas dun terremoto de ano e medio. 

Escribe os seus primeiros proxectos grazas ao apoio dunha Bolsa Primeira Obra da Caixa Galicia(2007), e de dúas subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais(2007 e 2009). 

En 2010, comeza a traballar como guionista profesional para diferentes produtoras de Galicia. Participa na escritura de series como Padre Casares, Matalobos, Luci ou Urxencia Cero (da que tamén é cocreadora). Na actualidade, compaxina o seu labor de guionista independente co desenvolvemento dos seus propios proxectos. 

O director da AGA Miguel Mariño: Comezou traballando en produción e no departamento de desenvolvemento de diferentes produtoras, tanto en obras modestas como en proxectos internacionais e iso facilitoulle, cos anos, a transición cara a produción e dirección dos seus propios traballos.  Dende 2017 é o director da Academia Galega do Audiovisual.