programación

Nenas e nenos, bechiños de tódalas clases, o tren de Cinema Crianza está a piques de comezar a súa viaxe. Tanto ten se es pequerrechiño ou se es unha veterana, se tes os dentes longos, ou es máis unha criaturiña alada, sexas xigante ou frangulla...

O tren ten asentos reservados para elefantes de cacharrería, gatos lanudos, cadeliños con dous rabos, arañas peludas, monstruos de sete cabezas, soldadiños de chumbo, bruxas boas, malas e indecisas, paxariños cantores, inventoras tolas, todo tipo de seres estranos, e para ti se tes a ben acompañarnos. 

Nesta viaxe pasaremos por terras de lume e de xeo, cruzaremos os mares e tamén o ceo, pois o noso tren é quen de atravesar calquer terreo.

Así pois, proximamente poderás consultar o noso programa, onde poderás descubrir a estación máis axeitada para un bechiño coma ti. A locomotora xa está preparada. Queda pouco para comezar!!!