DÍA: Sábado 17 de novembro

HORA: 12.00h

DURACIÓN: 35 min.

LUGAR: Casa da cultura de Bertamiráns

TÍTULO: Pequenas criaturiñas
PÚBLICO RECOMENDADO: A partir de 2 anos.

­DESCRICIÓN As máis pequenas da casa teñen neste bloque a súa sección. Filmes que nos ensinan o valor da amizade, o coidado medio ambiente e como facer tortas de aniversario seguindo o libro. Aprenderemos sobre a evolución con dinosauros de plastilina, coñeceremos singulares bechiños e fantásticos xardíns ateigados de monstros un tanto estrafalarios e de caracois bastante lambóns. Unha sección chea de aventuras por terra, mar e aire.

  1. A primeira pluma (Dinamarca)

  2. Roshnij (Israel)

  3. Miau (EEUU)

  4. Gatos lambóns. O aniversario de hotdog (EEUU)

  5. O Bulf (Polonia)

  6. Fame (Australia)

  7. O pequeno lobo gris (Noruega)

  8. Maxia de lúa (Reino Unido)

PREZO: 2€ adultos/1€ infantil