Inscribe as túas pezas audiovisuais a través das seguintes plataformas para que poidan formar parte da programación do Cinema Crianza 2018

med_submission_btn_2x-salmon.png
logo_orange_964x242.png

BASES

1. A segunda edición do festival Cinema Crianza terá lugar no Concello de Ames, nas localidades de Milladoiro e Bertamiráns no mes de novembro.

 

2. Participantes:

Poderán participar as persoas físicas ou xurídicas de calquera nacionalidade que posúan os pertinentes dereitos legais sobre as obras presentadas.  A persoa que realice a inscrición faise responsable de non vulnerar dereitos legais de terceiros e exime ao Festival de calquera responsabilidade que puidera derivarse de posibles infraccións dos mesmos. Cada autor ou produtora poderá presentar tantas obras como desexe.

 

3. Duración:

Poderán presentarse ao festival películas de calquera duración.

 

4. Temática:

Poderán presentarse ao festival todo tipo de obras, xa sexan de ficción, documental ou animación, dirixidas ao público infantil en calquera das seguintes categorías: Películas para público entre 0-3 anos, 3-7 anos e 7-12 anos. Quedan excluídos os traballos publicitarios.

 

5. Idioma:  

Admítense películas en calquera idioma. Toda película non falada en galego, castelán ou inglés deberá estar subtitulada nalgún destes tres idiomas. No caso das películas subtituladas en inglés deberá xuntarse un listado de diálogos co fin de traducir os subtítulos ao idioma galego.

 

6. Inscrición:  

A inscrición ao Festival é gratuíta e estará aberta ata o día 31 de agosto de 2018. A inscrición deberá realizarse a través das plataformas habilitadas.  Coa inscrición dunha peza audiovisual, e a conseguinte aceptación destas bases, os e as titulares das obras que sexan seleccionadas cédenlle ao Festival o dereito a proxectar as devanditas obras ao longo do ano e medio seguinte á celebración do Festival nas distintas actividades extraordinarias celebradas fóra da semana oficial. Este uso refírese, basicamente, ás posibles mostras de cine infantil feitas a partir da selección oficial do Festival Cinema Crianza. En calquera caso, estas posibles proxeccións sempre lle serán notificadas ao ou á titular da obra e pagaranse 25€ por exhibición, previa presentación de factura en 15 días hábiles dende a súa solicitude.

 

7. Categorías e Competición:

O Festival contará con 2 seccións competitivas e unha programación fóra de concurso. Establécense as seguintes categorías competitivas:  

  1. Axóuxeres: Curtametraxes dunha duración máxima de 10 minutos orientadas a un público de entre 0 e 3 anos.

  2. Buxainas: Curtametraxes dunha duración máxima de 25 minutos orientadas a un público maior de 3 anos.

  3. Fóra de concurso: Longametraxes orientadas a público infantil en calquera das franxas de idade (0-3, 3-7, 7-12), con data de produción no anterior ao ano 2015. As películas seleccionadas para ser proxectadas fóra de concurso recibirán unha taxa única de 250€ pola súa exhibición no Festival.

  4. O Festival resérvase o dereito de incluír na súa programación outro tipo de producións en seccións especiais.  Calquera das seccións poderá ser considerada deserta no caso de non reunir un número de producións mínimas que garantan unha boa calidade.

 

8. Premios:

O festival concederá 2 premios de 500€ ás mellores curtametraxes das categorías Axóuxeres e Buxainas.  Igualmente, o xurado poderá conceder unha mención especial sen dotación económica en cada unha das seccións.

 

9. Xurado:

O xurado estará composto por profesionais do sector audiovisual que conten cunha traxectoria contrastada e a súa decisión será inapelable.

 

10. Formato de proxección:

O formato de proxección será a partir de arquivos dixitais encapsulados en .mov o .mp4 con codec h.264 e unha taxa de transferencia máxima de 20.000 kbps.

 

Obrigas das persoas inscritas:

  1. A total aceptación das presentes bases por parte de todas as persoas participantes.

  2. A autorización para divulgar materiais das películas inscritas (fotogramas, carteis, fichas, fragmentos de guión, textos de prensa, etc). Os participantes autorizan a difusión de ata tres minutos de imaxes de ditas películas en calquera medio de comunicación.

  3. Os responsables deberán facer chegar ao festival as copias e os materiais solicitados en tempo e forma segundo o calendario fixado polo festival.

  4. Autorizan ao Festival a exhibición pública das súas obras nos días que dure o mesmo.

 

11. En caso de disputa respecto do cumprimento ou interpretación destas bases, as partes renuncian ao foro propio que por razón de domicilio puideran corresponderlles e someterán as súas controversias aos tribunais e xulgados da cidade de Santiago de Compostela.

 

Contacto: info@cinemacrianza.com